Post by Galicia Ambiental
1,992 followers
🌾🤧 A herba da Pampa non só invade os ecosistemas, tamén pode prolongar as alerxias. O Hospital Universitario Marqués de Valdecilla e o Instituto de Investigación Sanitaria IDIVAL demostraron nun estudo científico que o pole da Cortaderia selloana é capaz de provocar reaccións alérxicas en persoas sensibles ás gramíneas. A investigación do doutor Alberto Gandarillas axudou a explicar por que moitos pacientes continúan con síntomas ata ben entrado o outono, cando as gramíneas autóctonas xa remataron a súa polinización. Eliminar o plumacho non é só unha cuestión de conservación da biodiversidade. Tamén é unha medida para protexer a saúde pública. Cada planta retirada é un paso máis para reducir a súa dispersión e o impacto que provoca tanto nos ecosistemas como nas persoas. 📺 Nesta reportaxe de RTVE explícase como o plumacho está a contribuír a alongar a tempada de alerxias en Cantabria, unha realidade que tamén preocupa en Galicia pola expansión desta especie invasora. 🎥 https://lnkd.in/eay7-vTQ #GaliciaAmbiental #lifecoopcortaderia #EspeciesInvasoras