Post by Escuela de Ingeniería Industrial (Universidade de Vigo)

5,513 followers

No mes de febreiro, un grave incendio asolou o seu taller e destruíu gran parte das súas instalacións. Moitos pensarían que sería o final da tempada. Pero o ADN das nosas asociacións está feito doutra pasta. O pasado venres, o equipo de UVigo Motorsport deixounos coa boca aberta na presentación do novo UM26 🤯 nun salón de actos da Sede Campus cheo de xente que non quixo perder ese gran momento. Non só se sobrepuxeron á adversidade; volveron máis fortes con: • ⚖️ Un deseño moito máis lixeiro. • ⚙️ Novo motor adaptado. • 💨 Sistemas de propulsión e aerodinámica totalmente renovados. Unha demostración absoluta de traballo, talento e unha capacidade de superación que nos enche de orgullo. Son o claro exemplo do motor que move á nosa Escola. 🌍 A Fórmula Student Europa: Este verán, como único equipo galego na competición, levarán o noso nome aos circuítos de Austria 🇦🇹 (xullo) e España 🇪🇸 (agosto). Sabemos que ides voar tan alto como co histórico UM23 (ou máis!). Detrás deste coche hai horas de sono sacrificadas, moita paixón e unha ilusión indestructible. 🙌 Moito ánimo, equipo. A por todas! 🏁 👇 Deixa a túa mensaxe de apoio á escudaría nos comentarios!

Post contentPost content