Post by BenCuriosa

611 followers

As condicións laborais das profesionais da xestión cultural son fundamentais para garantir os dereitos culturais 🙌🏼 Sen recursos nos servizos públicos de proximidade, sen equipos especializados e sen coidados compartidos entre nós, dificilmente poderemos ofrecer un acceso real e sostido á cidadanía cultural ➰ 👉🏼 Durante a xornada profesional “O papel da xestión cultural no fortalecemento da cultura”, celebrada no Pazo de Mariñán e promovida pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), o noso compañeiro Sergio Lago compartiu algunhas reflexións arredor destes temas baixo o título “Coidar de Nós: recursos e perspectivas laborais para a profesión” 💭 Foi unha intervención breve, mais conectada cunha liña de traballo que acompañamos desde hai anos para a AGPXC: o proxecto "Coidar de Nós, para coidar da cultura" 👩🏽‍🤝‍👨🏼 E na que tamén incorporou o enfoque e as aprendizaxes doutras redes e institucións internacionais que, coma nós, están a traballar pola mellora das condicións no sector 🌐 A xornada foi tamén unha ocasión para celebrar e compartir 😇 Tivemos a alegría de acompañar á nosa querida Madó Santos, que recibiu o Premio do Castro á Xestión Cultural Galega pola súa traxectoria exemplar tecendo cultura coa veciñanza de Muros ✨ Un recoñecemento máis que merecido para unha muller que é historia viva da nosa profesión. Cremos profundamente na necesidade de crear espazos de encontro e aprendizaxe compartida 🫱🏼‍🫲🏽 Por iso, agradecemos moito o convite da AGPXC para participar nesta cita tan necesaria🙂 ➡️Toda a documentación actualizada desta iniciativa, así como recursos útiles para profesionais da cultura, poden consultarse na web https://lnkd.in/dKaJuNSU 👩🏽‍💻 Tamén podedes coñecer con máis detalle sobre este e outros proxectos dos que estamos a formar parte no noso diario: https://lnkd.in/dvZ9SVCh Grazas a Rocío Cibes polo vídeo.

Post content

Video Content