Post by Alba Domínguez

Film&video editor

Día corenta e pico de corentena. E digo corenta e pico porque, probablemente ao igual que moitos de vós, xa perdín a conta exacta. Como xa non me quedan demasiadas cousas ás que darlles voltas, hoxe déuseme por pensar no último traballiño que fixen un par de semanas antes de que comezase o confinamento. Esta foto foi tomada no segundo día de rodaxe en Maceda, despois dunha das súas xa míticas choivas de fariña. Foi case máxico vivir ese ambiente e, como a miña expresión na foto indica, a nosa felicidade non podía ser maior. Na nosa andaina polos entroido dos concellos de Laza, Maceda, Viana do Bolo e Verín e tocoume saír dos mandos do ordenador, que sempre é ben. E, falando de saír, espero que pronto poidades ver o filme documental que vai resultar desta experiencia tan guai. Tranquilos, o equipo de son está perfectamente! #imaxe020 #documentaryfilm #filming #quarantine

Post content